Sunday 19 de May de 2024

Boqueixón acolle un intercambio con mozas e mozos de Gavoi (Cerdeña)


 

O Concello de Boqueixón acolle esta semana un intercambio xuvenil con mozas e mozos de Gavoi (Cerdeña). O alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, presidiu a recepción oficial ás persoas participantes neste proxecto europeo.

Esta iniciativa desenvolverase ata o vindeiro 18 de xullo e contempla diverso tipo de actividades encamiñadas a dar a coñecer a cultura e a música tradicionais galegas. Ademais, ofreceranse propostas complementarias que darán a coñecer ás e aos visitantes a riqueza natural, patrimonial e cultural do municipio boqueixanés e da súa contorna.

Patrimonio con Sentido é o nome do proxecto cultural que están a desenvolver de xeito conxunto as e os participantes neste intercambio entre a mocidade italiana e boqueixanesa. As persoas interesadas en sumarse ás distintas propostas preparadas para os vindeiros días, deberán poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a través do e-mail omixboqueixon@gmail.com ou no teléfono 981 513 115.